Consuelo María, unha poeta por satisfación personal

Consuelo María Conde Feijóo naceu en Ourense e viviu en Canarias, pero dende hai uns ano

 

s é unha veciña máis do barrio do Calvario.

Profesionalmente estivo re- lacionada co mundo da moda e, tras estudar patronaxe, traballou

no comercio e incluso fixo os seus “pinitos” como modelo ou traballando na TVG.

Consuelo, máis coñecida por Chelo, ten vocación de artista e, aparte de escribir poesía, tam

én debuxa e pinta ao óleo.

No ano 2020, en plena pandemia, publicou o seu primeiro libro de poemas titulado “Callada Tristeza”. Este libro, do que neste número publicamos un  poema, está ilustrado por ela mesma nun estilo que poderiamos considerar “naif”.

 

Chelo tamén escribe relato curto, pero o campo da poesía é onde se sinte máis a gusto e tamén onde pode manifestar con máis claridade a súa ins- piración, creatividade e sensibilidade. No caixón do seu escritorio ten varios libros sen publicar pero, como di Chelo: “Eu escribo por satisfación personal”.

Chelo, autodidacta consumada, segue perfeccionando o seu estilo, tanto pictórico como narrativo, asistindo a cursos e talleres literarios, nun esforzo de perfeccionamento constante.

Asidua colaboradora do grupo poético Brétema, participa en recitales e declamacións, tanto dos seus propios versos coma os de autores consagrados e ilustres persoeiros das nosas letras.

Se estás interesado en ter “Callada Tristeza”, podes porte en contacto con Chelo no correo condesa1511@gmail.com.