Sociedade e agricultura

A alimentación mundial radica nunha actividade milenaria, sen ela, a humanidade non existiría

A palabra agricultura é común para todos e de forma automática asociámola ao cultivo da terra, sementar e recolectar. A sociedade que hoxe coñecemos é grazas ao periodo máis importante da historia, o Neolítico. A Real Academia da Lingua, define ao Neolítico como un periodo prehistórico que se caracteriza polo desenvolvemento da economía produtiva, a aparición dos primeiros poboados chegando á implantación da agricultura e a ganadaría. As actividades depredadoras como a caza, foron substituídas aos poucos pola domesticación de animais e tamén a de cultivar a terra grazas á recolección de sementes, raíces e froitos. De forma paulatina xurdiron os piares do mundo en que vivimos. Desta época, datan os primeiros terreos deforestados e talvez o momento en que comezaron os problemas da humanidade dando lugar á aparición de útiles para a labranza como azadas, fouces ou muíños de man, ademais da cerámica.

Os romanos foron
innovadores no desenvolvemento de
técnicas agrícolas

A agricultura e a gandaría deron lugar a unha sedentarización da poboación facilitando a creación dos primeiros asentamientos humanos de carácter permanente. Outro aspecto importante foi o regadío para a agricultura, que nesa época consistía en sistemas de aproveitamento do auga da choiva, pasando despois á construción de sistemas para o desvio de ríos, embalses ou canles de distribución do elemento líquido. Coa chegada dos romanos, foron estes os que levaron a cabo innovacións agrícolas coa introdución dos metais, mellorando as técnicas coñecidas e co tempo actualizaron unha serie de

inventos como o arado facendo que fose tirado por bois, prensas de aceite, o regadío (con muíños para o bombeo de auga), o drenaxe de terras, o aboado, o olivo, a vide, leguminosas, o barbecho ou rotación de cultivos en especial o trigo, etc. Aínda que nese periodo des- taca Roma, non foi menos importante a agricultura de Mesopotamia, Exipto, Chinesia ou a India. Referencias todas elas tomadas dos modelos propostos polos Sumerios (antiga Mesopotamia), considerada como a primeira civilización urbana da Humanidade (3000-2350 a.C.).

O desenvolvemento da agricultura foi un proceso longo, coidadoso e con moita observación, porque quens facían agricultura, comprendían que o seu traballo era producir comida para hoxe e para o futuro. O seu desenvolvemento, non só significou a domesticación de especies, senón que tamén a creación de diversidade, creando centos de variedades de distintos cultivos como o arroz, lentexas, millo, patacas ou as coles, que dunha mesma especie dá paso a distintas variedades como o repollo, brócoli, trigos de inverno e outros para primavera.

No seguinte periodo, situámonos xa na Idade Media, destacar que respecto coa actualidade, xa a finais do século XI, apréciase o que lle chamamos hoxe un quecemento climático que segundo os expertos durou entre o ano 700 ao 1400, chamado Periodo Cálido Medieval, o cal xerou de novo unha serie de adiantos tecnolóxicos que nesa época fixo que a agricultura prosperase porque, o aumento de temperaturas deu orixe a abundantes colleitas e ao acceso a unha gran cantidade de alimentos, o cal fixo que a poboación aumentase considerablemente, houbo que conquistar novos terreos para cultivalos e aplicar as novas técnicas como o arado sobre rodas, ao ser de ferro, era máis pesado polo que xeraba unha maior profundización gañando nunha maior e mellor aireación da terra, xerando unha gran eficacia produtiva. Como curiosidade, nesa época naceu o oficio de ferreiro, o lugar de traballo: a ferrería e usaban para quentar a fragua carbón como a fonte principal de enerxía.
Como mencionabamos anteriormente, do transcurso da Época Romana á Idade

 

Media, mellorouse o muíño de auga, gañando en eficacia da molienda do cereal incrementando o aproveite do mesmo e utilizando menos horas de traballo podendo dedicar ese tempo a outros labores e tamén a aplicación mellorada dunha época a outra na rotación dos cultivos, que sen dúbida foi unha achega fabulosa do medievo, o barbecho, que é unha técnica que consiste en deixar a terra sen cultivar durante un ano para que esta recupere o seu estado óptimo de productividad.

A agricultura
é a arte
de saber
esperar

Moderna ou Contemporánea, a que palpamos día a día. A Idade Moderna, caracterízase pola éra dos descubrimentos e a aplicación da economía mundial, permitindo o intercambio de produtos do Vello mundo, como o trigo, a vide, cana de azucre … Introducíndoos en América. E do Novo Mundo o millo, a pataca, tomate, pimiento, tabaco… Como diversificación global en ambos continentes. Introducíronse os abonos químicos (fosfatos, nitratos…) dando impulso á biotecnología para a produción de sementes de alto rendemento, dando lugar a unha maior demanda que se traduce nun uso dependente dos plaguicidas para protexer o produto final e á súa vez estase incrementando o monocultivo, o que significa que toda a extensión dispoñible será do mesmo cultivo propiciando unhas desventaxas nas enfermidades e pragas que poidan aparecer e propáguense aínda que sexa máis fácil aplicar os fitosanitarios, xeran maior resistencia non sendo eficaces ao 100%. Unha loita contra o monocultivo na UE, é o pago verde que consiste en pagar unha subvención aos agricultores para que sexan respetuosos co planeta e incorporen diversificación de cultivos.

Como diciamos ao comezo deste artigo, este descubrimento fascinante pero complexo, foi o inicio posiblemente do comezo dos problemas da humanidade, pero que deu orixe á vida, dando lugar a unha maior demanda que se traduce nun uso dependente de plaguicidas para protexer o produto final e á súa vez un maior impacto ambiental. A agricultura é a arte de saber esperar.